Balance do curso

Bueno, como vos dixen a principio de curso, vouvos falar de como me vai nas prácticas e nas clases.

De momento vou aprobando e parece que este trimestre aprobo todas coma no primeiro. Nas prácticas estou aprendendo moitas cousas novas e moi interesantes. Gústame moito o sitio onde traballo (concello da Pobra do Caramiñal) porque me levo moi ben co meu xefe e cos meus compañeiros, que están sempre dispostos a ensinarme novas cousas, axudarme ou facerme as cousas máis fáciles e máis cómodas. Nas clases non aprendo tanto porque a maioría das cousas que estudo xa as sabía de cursos anteriores ,pero aínda así segue sendo moi interesante porque parece que non pero sempre estas, aprendendo cousas novas.

Este curso está sendo moi produtivo para min porque nunca antes me esforzara tanto para conseguir algo e á parte lévome moi ben cos meus compañeiros de clase e creo que eles tamén están contentos.