Actividade final de trimestre
Atende as indicacións aquí.
Atende as indicacións aquí.
A ver como empregas o buscador e mais Google Maps. Esta é a actividade.
Se a precisas, tes axuda para procurar na rede nesta síntese.
Para reflexionar sobre o texto argumentativo (despois de intentar crear un co artigo sobre os perigos das redes sociais), revisa este caderno interactivo e realiza todas as actividades que inclúe (agás a da páxina 19). Cando remates, non peches e amósalle ao profe os resultados.
Ollo, para as páxinas 12 e 17 necesitas ter audio.
Se rematas, continúa co texto descritivo.
Crea unha anotación, coa categoría “Opinión”, na que ofrezas a túa postura diante da indicación das autoridades de que a falta de privacidade e o descoñecemento en moitos casos de con quen se está a falar constitúen un perigo dos chats e redes sociais. Ten en conta estes datos do estudo Adolescentes e internet en Galicia:
Extensión mínima: dous parágrafos con varias oracións cada un deles.
Debe incluír:
Para revisar a lingua, podedes botar man deste corrector.
Xa está publicada unha nova tarefa que se realiza cunha das aplicacións máis “votadas” por vós.
Admítese a modificación dos contidos a traballar nesta tarefa, de xeito que se pode facer un póster sobre calquera xénero ou estilo (non grupo ou autor só) musical. Mellorando exemplos coma este ou este.
Agora ben, os criterios seguirán sendo os mesmos:
Fontes de información recomendadas: Música e movemento no s. XX (a información está nas páxinas 3, 22 e 31) e Galipedia.
A cuarta actividade xa está publicada no blogue do módulo. Accede a ela e realízaa cando remates e revises as anteriores.
Máis axuda para compoñer axeitadamente presentacións de diapositivas:
http://www.slideshare.net/VanesaMoranteValero/mala-presentacin
http://www.slideshare.net/levarcol/presentaciones-exitosas
Para valorar:
http://www.slideshare.net/zaira_1989/tipos-de-oraciones-segn-su-modalidad
http://www.slideshare.net/mosteiro/constituintes-da-palabra
http://www.slideshare.net/JMGonzalezBall/estructura-de-las-palabras
http://www.slideshare.net/juanantlopez/las-palabras-2511144
Titorial de MPP:
http://www.slideshare.net/rubenrebollovadillo/curso-powerpoint-1059744
Incorporouse un bloque de actividades interactivas no lateral do blogue. Cando as realices, captura os resultados e publícaos subindo as imaxes nunha nova anotación.
Tedes que editar o perfil se non aparece ben escrito o voso nome nas intervencións e no cadro “Somos” do lateral. Iso faise desde Perfil público > nome público.
David, Iván Lojo e Miguel pasan a ser colaboradores, non autores, de xeito que non poderán publicar nada sen ser antes revisado polo profe. Poden seguir traballando, pero non será visíbel ese traballo se non o aproba o profesor.
Esta é a opción que queda cando o que se publica non se corresponde co traballo (actividades, tarefas, anotacións persoais, comentarios adecuados).
[Modelo de anotación da actividade de escolla de ferramentas]
Youtube é un dos servizos da web máis coñecidos, pois é o preferido, xunto con Vimeo, para o aloxamento de vídeos. Pero tamén permite, entre outras cousas, crear listas de reprodución, editar os arquivos que subimos ou engadir anotacións e pés de vídeo. Desde hai un tempo, por certo, pode manexarse en galego.
Un exemplo é esta ilustración de frases feitas realizada polo Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela. Inclúe dezaseis expresións fraseolóxicas acompañadas doutras equivalentes e mais de imaxes acaídas.
Resposta