Youtube 

[Modelo de anotación da actividade de escolla de ferramentas]

Youtube é un dos servizos da web máis coñecidos, pois é o preferido, xunto con Vimeo, para o aloxamento de vídeos. Pero tamén permite, entre outras cousas, crear listas de reprodución, editar os arquivos que subimos ou engadir anotacións e pés de vídeo. Desde hai un tempo, por certo, pode manexarse en galego.

Un exemplo é esta ilustración de frases feitas realizada polo Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela. Inclúe dezaseis expresións fraseolóxicas acompañadas doutras equivalentes e mais de imaxes acaídas.

Advertisement