Imos elaborar un folleto que achegue información e consellos sobre os blogues e redes sociais. Pero centrándonos no seu lado positivo, en propostas de uso produtivo. Tomará o formato dun tríptico e, se consegues que teña suficiente calidade e interese, publicarase e difundirase desde a revista dixital do IES. Velaquí os pasos que hai que … Seguir lendo → […]
Os marcadores sociais son aplicacións para gardar online, organizar e compartir os nosos sitios favoritos. Algúns dos servizos máis coñecidos son Delicious, Diigo, Mister Wong ou Pinterest. Para comprender como funcionan, podes ver: esta aproximación este vídeo con lendas Imos manexar un servizo de marcadores, Clipboard, que nos servirá máis adiante para ter […]
Antes de máis nada: lembras ben o que son as entrevistas de traballo? Que imos facer? Imos crear unha escena animada que recolla unha entrevista de traballo entre alguén que opta a un emprego e a persoa encargada da selección; ou ben entre un traballador/a e a súa xefa ou o seu xefe. Pero ese diálogo … Seguir lendo →
Para realizar só cando estea rematado Xéneros xornalísticos I Empregaranse fontes en galego e redactarase tamén nesta lingua Agora imos manexar os textos de actualidade. Entre toda a aula, confeccionaremos un mural con exemplos para cada un dos principais xéneros: un mural cunha noticia seleccionada por cada un/unha de vós, outro mural con entrevistas… Cada […]
Comezamos o traballo cos xéneros textuais do ámbito da prensa través dunhas presentacións e actividades interactivas. Posteriormente, habemos de recompilar e presentar exemplos, para rematar creando. Mais, polo de agora, accede a todos estes sitios: 1. Presentación de contidos Xenéros xornalísticos mixtos (+ informativos e de opinión) Géneros periodísticos e […]
Para continuar compoñendo despois de realizar as partes de identificación. Trátase dunha adaptación dunha secuencia elaborada polo profesor Carlos Díez. Trátase de rematar a reseña coas partes da valoración: cualificación + análise con comentario sobre o seu valor + recomendación. 3. CUALIFICACIÓN Entramos, logo, na parte valorativa. De inicio, vas darlle un […]
Para realizar logo da actividade inicial e mais da interactiva presentadas en Schoology. Consta de dúas partes, polo que non debes publicar ata rematar a segunda. Deixa o traballo como borrador. Trátase dunha adaptación dunha secuencia elaborada polo profesor Carlos Díez. Vas crear unha anotación de blogue para recomendar -ou non- a lectura dun libro. … Segu […]
Para poder organizar mellor o noso labor, con uso de asignacións de tarefas, caderno de notas, etc., empregaremos neste trimestre unha aula virtual en Schoology, que tamén dispón de blogues. As producións interesantes seguiremos facéndoas públicas desde alí.
Atende as indicacións e realiza as actividades das páxinas seguintes. Cando resolvas as probas de autoavaliación, amosa os resultados. Esquemas e resumos 1. Esquemas e resumos 2 (papiro 8). Educación documental dixital (atende os diversos elementos do menú)
Realiza estas actividades interactivas sobre algúns dos contidos do 1º trimestre para preparar o exame escrito. Pon o teu nome real para que o profesor reciba o resultado.
Resposta