Póster dixital en Glogster
Xa está publicada unha nova tarefa que se realiza cunha das aplicacións máis “votadas” por vós.
Xa está publicada unha nova tarefa que se realiza cunha das aplicacións máis “votadas” por vós.
Incorporouse un bloque de actividades interactivas no lateral do blogue. Cando as realices, captura os resultados e publícaos subindo as imaxes nunha nova anotación.
Tedes que editar o perfil se non aparece ben escrito o voso nome nas intervencións e no cadro “Somos” do lateral. Iso faise desde Perfil público > nome público.
David, Iván Lojo e Miguel pasan a ser colaboradores, non autores, de xeito que non poderán publicar nada sen ser antes revisado polo profe. Poden seguir traballando, pero non será visíbel ese traballo se non o aproba o profesor.
Esta é a opción que queda cando o que se publica non se corresponde co traballo (actividades, tarefas, anotacións persoais, comentarios adecuados).
Xano 11:39 pm en 4 Novembro 2012 Ligazón permanente |
Admítese a modificación dos contidos a traballar nesta tarefa, de xeito que se pode facer un póster sobre calquera xénero ou estilo (non grupo ou autor só) musical. Mellorando exemplos coma este ou este.
Agora ben, os criterios seguirán sendo os mesmos:
Fontes de información recomendadas: Música e movemento no s. XX (a información está nas páxinas 3, 22 e 31) e Galipedia.